Colleita poética

María Baña Varela
Edición e prólogo de Xosé Manuel Varela
Concello de Cabana de Bergantiños, 2004

María Baña Varela é a escritora por excelencia das terras de Cabana de Bergantiños. É unha poetisa popular que, case sen saber escribir, deixou manuscrito un conxunto de poemas bilingües que falan da súa vida, da súa familia e dos seus veciños. A súa obra inédita fora recollida anteriormente no volume Falaba de ser poeta. Tras esgotarse, o Concello sacou á luz esta segunda edición baixo o título de Colleita poética. O libro contén, ademais, fotografías da autora ou de persoas relacionadas con ela.

Galego