Cántigas da Terra

Espírito

"Maneo de pandeiro de Fontenla"
Cántigas da Terra
(Punteiro, 2004)

Este disco do coro coruñés Cántigas da Terra inclúe varias cancións legadas ó seu arquivo polo crego de Cesullas Saturnino Cuíñas Lois. "Maneo de Trabazo (Pontevedra)", recollida porCuíñas en 1910 e doada en 1928 aínda cando non era crego en Cabana. "Foliada de Aguasantas (Pontevedra)", estreada pola coral en 1946. E o "Maneo de pandeiro de Fontenla" que é a partitura número 69 do arquivo de Cántigas da Terra.

O texto da peza recollida por Cuíñas en Fontenla (Cesullas. Cabana de Bergantiños) é o seguinte:

 

Maneo de pandeiro de Fontenla

¡Que ben baila, que ben baila
o da chaquetiña longa,
aínda bailaba millore
si a tivera redonda!

Rapaza que vas
ó río a lavar
non boures na roupa
que a podes rachar.
(Retrouso)

Estrela clara do ceo
dáme a túa claridade
que quero seguirlle os pasos
ó meu amor que se vaie.

¡Que demo de merlo mouro!
¡Onde foi poñe-lo niño
cuberto con unhas pólas
no medio dun carballiño!
Galego