Cabana: Análise histórica e social

Fernando Garea, Luís Giadás, Edurdo Navarro
Concello de Cabana de Bergantiños / Deputación da Coruña, 1995

Esta é a primeira publicación editada polo Concello e na que se realiza unha detallada descrición de Cabana de Bergantiños. A primeira parte ocúpase da descrición xeográfica xeral do territorio. A segunda realiza un percorrido por cada unha das parroquias cabanesas ofrecendo datos que se remontan ata a prehistoria. Por último, a terceira reflexiona sobre os termos prehistoria e historia e encadra neles os xacementos cabaneses máis importantes. O volume ofrece na portada a fotografía da igrexa parroquial de Corcoesto e, no interior, inclúense mapas de apoio ó texto e instantáneas en branco e negro de patrimonio local.

Galego