Boletín informativo Nº 2022/034

CULTURA

CONCERTO CON ENCANTO

Concerto con encanto: Grupo de Música Antiga 1500 coa colaboración de Lorina Vallestar de Vivid Consort.

Contar cantando: canción e romances da Idade Media e do Renacemento.

O venres 26 de agosto, no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate ás 22:30 horas.

Necesaria inscrición previa 981 754 020.

VISITA TEATRALIZADA en Dombate

O sábado, 27 de agosto, haberá vista teatralizada con Quinquilláns: "No tempo das pedras".

No Centro Arqueolóxico Dombate, dous pases: 18:00 horas e 19:30 horas.

Animádevos!

MAGO TETO

A maxia chega á Cabana da man do MAGO TETO co seu espectáculo Alquimia II.

Será o sábado 27 de agosto ás 20:00 horas.

Ide sacando os sombreiros de copa!

DEPORTES

VII CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE

SERVIZOS SOCIAIS

ANDAINA SOLIDARIA

O vindeiro 17 de setembro acompáñanos na andaina solidaria contra o cancro.

A saída será desde a praza do Pendón ás 16:30 horas, a andaina terá un percorrido de 3,6 Km.

A Xunta Local de Cabana de Bergantiños anima á participación e colaboración na loita contra o cancro.

Inscricións: 5€ adultos e 3€ nenos/nenas ata 12 anos na librería A Nasa de Neaños, membros da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro de Cabana de Bergantiños.

Ademais, haberá #Zumba!

Anímate‼

Séguenos en:

Sen definir