Boletín informativo Nº 2021/040

CULTURA

O arquivo do Chibo

Campaña de neve 2022 da Deputación da Coruña

O Concello de Cabana inicia o prazo de inscrición na campaña de neve promovida pola Deputación da Coruña.

A actividade terá lugar na estación de Valgrande - Pajares, na comunidade de Asturias do 14 ao 17 de xaneiro, e está destinada a mozas e mozos de 12 a 15 anos.

As solicitudes poderán realizarse nas oficinas municipais ata o 14 de decembro.

Máis información e formulario de inscrición en https://bit.ly/3o8oN7q.

SERVIZOS SOCIAIS

Programa Meniñeiro Nadal 2021

Termalismo del IMSERSO

EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

OFERTA DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Remata a renovación da tubaxe de abastecemento do depósito do Picón, en Cesullas, cun investimento de 48.000 euros

O Concello de Cabana rematou os traballos de mellora do depósito do Picón, na parroquia de Cesullas, un proxecto cofinanciado coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no que se destinaron 48.000 euros.

Esta intervención incluíu a retirada dun treito de 465 metros de tubaxe cuxa vida útil estaba a piques de esgotarse e a súa reposición cunha nova canalización que permite garantir a subministración de auga potable á práctica totalidade dos núcleos costeiros do municipio en épocas de seca.

Cómpre destacar que a rede xeral de abastecemento de auga de Cabana de Bergantiños componse dun sistema complexo integrado por dúas redes interconectadas, que son a de Cesullas e Canduas, para dotar de auga potable á poboación. Ademais, o municipio conta cunha rede independente en Rempenín para abastecer os núcleos interiores.

O alcalde, José Muíño, destacou que “coa renovación da rede de Cesullas estase a realizar un traballo esencial para asegurar un servizo básico á veciñanza sobre todo en períodos de seca”. “O do Picón é un dos depósitos que manteñen abastecida de auga potable todos os fogares da parte costeira de Cabana, polo que conservar a infraestrutura en boas condicións é clave”, engadiu.

Esta actuación únese á mellora executada na estación depuradora de augas residuais (EDAR) do Lodeiro, na que se puxo en marcha o tratamento de residuos mediante raios UV e na que se modernizou totalmente o funcionamento das instalacións.

Cabana estrea melloras na estación de tratamento de augas residuais do Lodeiro cun investimento de 50.000 euros

O Concello de Cabana acaba de concluír os traballos nun importante proxecto infraestrutural que posibilita unha gran mellora na rede de tratamento de augas residuais do municipio.

O alcalde, José Muíño, comprobou esta semana os resultados finais nas actuacións executadas na estación depuradora de augas residuais (EDAR) do Lodeiro. Púxose en marcha o tratamento de residuos mediante raios UV e incorporáronse novos sensores, sondas, controladores e transmisores co obxectivo de modernizar e incrementar a eficiencia enerxética das instalacións. O investimento neste proxecto rolda os 50.000 euros.

O rexedor cabanés aproveitou a conclusión dos traballos para destacar “a importante mellora acadada con esta renovación, que non só asegura o correcto funcionamento dun servizo esencial como é o abastecemento e o tratamento da auga, senón que permite lograr un maior aforro enerxético e económico para as arcas municipais”.

Séguenos en:

Sen definir