Boletín informativo Nº 2021/028

CULTURA

AULAS CIENTÍFICAS 2021. METEOROLOXÍA E CLIMA.

Vídeos das aulas:

Descargas:

Setembro de Lecer

O departamento de Cultura do Concello de Cabana seguirá a apostar por un calendario de actividades de lecer con teatro, música e espectáculos familiares o vindeiro mes. Así, o ‘Setembro de Lecer’ traerá ó Dolmen de Dombate e ó auditorio municipal unha programación variada e repleta de grandes funcións.

A programación comezará o domingo 5 de setembro de man da compañía Assircópatas e o seu espectáculo ‘Abracadáver’. Será a partir das 19:00 horas no centro arqueolóxico do Dolmen de Dombate.

A segunda data sinalada no calendario é o 11 de setembro. O Trío de Tres ofrecerá unha actuación teatral-musical na que tocarán temas propios e versionarán outras cancións populares en distintos estilos, todo combinado con humor e improvisación. A función comezará ás 19:00, tamén en Dombate.

Logo da música e o teatro, chegará a quenda de Pedro Brandariz e a súa sesión ‘Contos e outras andrómenas’ o sábado 18 de setembro. O Dolmen de Dombate volverá ser o escenario. Neste caso, o contacontos iniciarase ás 12:00 horas.

O día seguinte, 19 de agosto, continuará a troula de man do Tátaro Trío que compoñen Pablo Díaz, Alejandro Fente e Fernando Docampo. Os seus sons con ton folk e tradicional comezarán a soar en Dombate a partir das 19:00 horas.

O último fin de semana de setembro contará con outras dúas actuacións para finalizar a programación do ‘Setembro de Lecer’. O auditorio municipal acollerá o sábado 25 de setembro a obra ‘Pavillón Lino’ de Caramuxo Teatro, unha comedia con varios premios teatrais e cunha coidada posta en escena para gozar en familia. Poderase seguir a partir das 19:00 horas.

Xoan Curiel será o encargado de pechar o calendario de actividades de setembro con ‘Ao encontro de Martín Códax. O punto e final da programación chegará o domingo 26 de setembro a partir das 19:00 horas no centro arqueolóxico de Dombate.

Todas as actividades contarán con aforo limitado e será necesario inscribirse previamente a través do teléfono do departamento de Cultura, no 981 754 020. Garantiranse todas as medidas e recomendación sanitarias pertinentes co obxectivo de reducir ao máximo as posibilidades de contaxio por covid-19.

A programación cultural conta coa organización do Concello de Cabana e a colaboración da Deputación da Coruña, Gadis e a Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 21-22.

APERTURA PISCINA

O Concello de Cabana comezará a tempada de piscina climatizada e ximnasio a partir do 13 de setembro logo da suspensión da actividade no mes de marzo pola evolución da situación sanitaria.

Deste xeito, durante este mes de setembro ofrecerase o servizo de xeito gratuíto para todas aquelas persoas que figurasen de alta como socias no mes de marzo como compensación polo cese prematuro da actividade.

A tempada comezará cos mesmos horarios estipulados para cada socio como se procedía en marzo para así reorganizar os grupos e comezar novos cursos no mes de outubro. Así, o horario será de luns a venres de mañá en horario de 9:00 a 12:00 e de tarde de 17:00 a 22:00 horas. O servizo os sábados será de 9:00 a 14:00 horas.

No caso de existir calquera dúbida ou ser necesarias aclaracións, o Concello habilita o teléfono 981 754 355 para toda a veciñanza e persoas usuarias.

EMPREGO E FORMACIÓN

CURSO SOBRE XESTIÓN INTEGRAL DE PIÑEIROS

OFERTA DE EMPREGO

SERVIZOS SOCIAIS

Termalismo del IMSERSO

INFORMACIÓN XERAL

Desprazamento do Equipo Móbil DNIe

Séguenos en:

Sen definir