Boletín informativo Nº 2021/022

EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

SELECCIÓN 1 PEÓN FORESTAL PARA O PROGRAMA APROL RURAL

La Voz de Galicia (03/07/2021)

OFERTA DE EMPREGO

CULTURA

VERÁN CULTURAL 2021

Cabana continúa a súa firme aposta pola educación positiva co proxecto Mochilas pola igualdade

O Concello de Cabana continúa coa súa firme aposta pola educación positiva co proxecto Mochilas pola igualdade, un programa cuxa finalidade é o desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

Dentro desta actividade, buscábase que o alumnado cabanés traballase de forma cooperativa e perspectiva de xénero, modificando as actuacións discriminatorias e facer presión para eliminar os obstáculos que impiden a participación das mulleres en igualdade de condicións que os homes en calquera ámbito da vida.

Os destinatarios e destinatarias foron o alumnado de 5º e 6º de primaria do CPI As Revoltas, que traballaron un total de 100 minutos en aula. Imprimíronse 270 mochilas que poderán empregar, a partir de hoxe, todas e todos os nenos do municipio para lembrar á sociedade da importancia que é educar en igualdade e contar con valores positivos para acadar a equidade no futuro.

Neste obradoiro, as nenas e nenos deseñaron eslogans relacionadas coa temática da igualdade entre mulleres e homes para despois imprimilo nos saquilños que o alcalde de Cabana, José Muiño, lle entregou á rapazada do centro CPI As Revoltas e da escola unitaria no derradeiro día de clase.

Os deseños foron o resultado dun traballo previo no que as nenas e nenos se documentaron sobre os contidos a tratar (desigualdades sociais, educativas, laborais, acoso, violencia de xénero) para plasmar nunha mochila o resultado das súas impresións e aprendizaxe a través dunha perspectiva crítica.

Cabana inaugura o programa de conciliación de verán ‘Meniñeiro’ que se celebrará durante todo o mes de xullo

O Concello de Cabana inaugurou esta mañá o programa de conciliación de verán ‘Meniñeiro’ que se celebrará durante todo o mes de xullo. Participarán un total de 60 rapazas e rapaces, en grupos burbulla de 10 persoas para cumplir as recomendación hixiénico-sanitarias que marcan as autoridades.

Desenvolverase, pois, en dous espazos diferentes: na Casa do Pendón e na Casa da Cultura. A rapazada poderá practicar diferentes deportes de praia, coñecer de primeira man o patrimonio natural cabanés ou participar en diversas propostas culturais. Trátase dunha actividade subvencionada pola Secretaría Xeral para a Igualdade da Xunta de Galicia.

O alcalde de Cabana, José Muíño, quixo destacar “o enorme abano de posibilidades que lle ofrece o Concello á xuventude cabanesa e que son posibles grazas á mellora na situación sanitaria e ó esforzo de toda a veciñanza”. Neste sentido, o rexedor pediu “lembrar que non se pode baixar a garda especialmente no tempo de lecer, que é cando tendemos a relaxar as medidas preventivas”.

Pola súa banda, a coordinadora dos campamentos, María Vázquez, destacou que “o que se busca con esta actividade é que as nenas e nenos se relacionen entre sí, que xogan e que sexan felices. E para isto non hai nada como compartir momentos con persoas da túa mesma idade”, á vez que subliñou que “contamos cunha paisaxe sen parangón para desenvolver estas actividades, e isto supón unha vantaxe para os cativos e cativas. Aproveitaremos os materiais que nos dá a natureza para facer auténticas obras de arte, xa veredes”, finalizou.

SERVIZOS SOCIAIS

PROGRAMA DE TURISMO DEL IMSERSO 2021-2022

URBANISMO

Cabana contará con máis de 270.000 metros cadrados de solo empresarial co novo plan de ordenación da Xunta

O Concello de Cabana contará con 270.882,99 metros cadrados de solo empresarial dentro do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG) da Xunta de Galicia. Trátase dunha modificación no proxecto, que está pendente de aprobación, e que inclúe terreo do municipio que actualmente é de desenvolvemento privado.

Neste sentido, o rexedor cabanés, José Muíño, destacou a importancia desta medida, “clave”, para “dinamizar a actividade económica industrial do municipio e favorecer a xeración de emprego tanto entre a nosa veciñanza como para toda a contorna”.

O PSOAEG ten o obxectivo de planificar e localizar a superficie necesaria de solo empresarial de carácter supramunicipal que podería acoller actuacións deste tipo. Preténdese así cubrir as necesidades a longo prazo que poida ter o ecosistema económico da contorna.

O plan foi aprobado inicialmente no 2014 e modificado por primeira vez no 2018. O ente autonómico está agora en trámites para darlle luz verde á segunda reforma. Deste xeito, o proxecto pasará a incluír un total de 121 parques empresariais e unha superficie máxima de 47 millóns de metros cadrados en toda Galicia.

Séguenos en:

Sen definir