Boletín informativo Nº 2021/001

INFORMACIÓN XERAL

O alcalde de Cabana recibe ao vicepresidente da Xunta e o delegado provincial na Coruña para dar a coñecer as melloras do pavillón

Mér, 20/01/2021

O alcalde de Cabana, José Muíño, recibiu esta mañá a visita do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a quen acompañou tamén o Delegado Provincial na Coruña, Gonzalo Trenor, para coñecer as melloras levadas a cabo no pavillón municipal.

Os traballos, financiados nun 61,33% polo ente autonómico, contaron cun orzamento total de 65.223,91 euros, enmarcados na convocatoria de subvencións para a creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vencellados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2020.

As intervencións que tiveron lugar no edificio que alberga o pavillón, a piscina e o ximnasio, ademais do auditorio, centráronse no cambio das portas de acceso exteriores, a reposición dos canalóns, o arranxo das cubertas e o cambio da tarima dunha das salas por outra máis resistente, en PVC. Tamén se levaron a cabo tarefas de pintado nas bancadas.

Pola súa banda, o alcalde de Cabana, José Muíño, quixo “agradecer a presenza tanto do vicepresidente como do delegado provincial” para dar a coñecer unha intervención “importante para o noso municipio, porque estamos a falar dunha instalación da que fan uso sobre 800 persoas, tanto nenas e nenos co maiores”, e incluso xente “doutros concellos”, convertendo a mesma nunha infraestrutura “supramunicipal ou comarcal”. “Esta intervención é para todas e todos e agradecer que contaran coa nosa demanda, e agardo que proximamente poidamos frear a incidencia da covid-19 para que a veciñanza poida facer uso das mesmas”, finalizou.

Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quixo tamén “agradecer a acollida do alcalde para visitar esta intervención, unha obra que é moi significativa xa que hoxe anunciamos unha nova convocatoria para o ano 2021 e destinada a concellos que desexen realizar actuacións como a que hoxe estamos a contemplar”, sinalou. “Son os propios gobernos municipais os que mellor coñecen as necesidades da veciñanza e os que elixen sempre actuacións como estas, onde con pequenos investimentos se pode chegar a moitas persoas”, remarcou.

Para finalizar, o delegado provincial, Gonzalo Trenor, quixo sinalar “a relevancia de non frear investimentos en infraestruturas a pesar do contexto que estamos a vivir, porque as xestións realizadas nun tempo tan particular repercutirán positivamente nunha futura normalidade que, agardamos todas e todos, esteamos máis preto de acadar”, argumentou.

O concello de Cabana pasa a nivel extremo e aplicaráselle o peche perimetral único

Mar, 19/01/2021

A partir da entrada en vigor do novo DOG, as 00.00 horas do xoves, 21 de xaneiro, o concello de Cabana de Bergantiños pasará a estar en nivel de risco máximo por #covid19.

A hostalaría ten que pechar ás 18.00 horas, e só poderá ter as terrazas abertas cun máximo de aforo do 50%.

O noso concello queda pechado perimetralmente de xeito individual, isto é, non se poderá entrar nin saír por motivos que non estean debidamente xustificados.

O máximo de non conviventes que se poden reunir seguen sendo 4, e se recomenda que non se realicen estas xuntanzas a partir das 18.00 horas.

O comercio deberá pechar ás 21:30 horas, cos aforos ao 50%.

EMPREGO E FORMACIÓN

Cursos de Salvamento e Socorrismo Acuático

Lun, 18/01/2021

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia.

Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

As persoas que queiran inscribirse neles deberán:

  • Ter 18 anos.
  • Estar inscritas na Oficina de Emprego e coa tarxeta de demandante de traballo vixente.
  • Estar empadroada no Concello.
  • Ter os títulos ou certificados necesarios para cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2.
  • Certificado médico ou informe de saúde emitido por facultativo que informe da capacidade físico-psíquica para o desempeño da actividade.

O prazo de inscrición será ata o próximo venres, 5 de febreiro, ás 13:00 horas, no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

Adxunto:

SERVIZOS SOCIAIS

O Concello licita o Servizo de Axuda no Fogar para, como mínimo, tres anos e por unha cantidade de 2.727.178,63 euros

Sáb, 16/01/2021

O Concello de Cabana de Bergantiños licita o Servizo de Axuda no Fogar por unha cantidade de 2.727.178,63 euros. A finalidade do SAF é mellorar a calidade de vida das persoas que requiren algún tipo de apoio para a realización das tarefas básicas da vida diaria. O contrato terá unha duración de tres anos, prorrogables a dous máis.

O alcalde, José Muíño, destaca a importancia de que “Cabana conte cun servizo de este calado”, que repercutirá positivamente no “benestar de todas aquelas persoas que o precisen”, recalca o rexedor.

A atención ás persoas usuarias da liña de dependencia será desde as 8:00 ás 22:00 horas, de luns a domingo e incluídos os festivos, namentres que na liña de SAF básico, a atención será de 8:00 a 20:00 horas, de luns a venres excepto os días festivos. O prezo da hora no formato de libre concorrencia será de 21,43 €, e na liña de dependencia, de 20,26 €. O importe do contrato está determinado pola suma de todos os servizos executados e facturados pola empresa adxudicataria, e non se poderán superar, en todo caso, o número máximo de horas, estipulado en 19.935 no ano.

O SAF está dirixido a todas as persoas ou unidades de convivencia do municipio de Cabana para que, dada a valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención.

Son, polo tanto, potenciais usuarios e usuarias as persoas maiores con déficits de autonomía ou con diversidade funcional, especialmente cando carezan de apoio na súa contorna; os fogares con menores nos que se observe unha necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo; familias en risco de exclusión social ou desestruturación; persoas ou grupos de convivencia con excesivas cargas ou, en xeral, cando exista unha situación de desatención social ou familiar, sempre avaliada tecnicamente.

O equipo de goberno apunta á relevancia de “dotar á veciñanza de ferramentas de carácter social para cubrir necesidades de primeira liña, obxectivo prioritario para nós e polo que seguiremos traballando”.

Séguenos en:

Sen definir
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Deprecated function: mb_strlen(): Passing null to parameter #1 ($string) of type string is deprecated en drupal_strlen() (liña 482 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/unicode.inc).

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).