O Berro Seco

O Berro Seco

Manifestación singular propia da romaría de San Fins do Castro. Foi creada polo crego Saturnino Cuíñas Lois. Algúns investigadores queren ver nela unha orixe celta. Outros din que é imitación do berro que lanzaban os canteiros de Cotobade (terra natal de Cuíñas) ó levantaren as grandes pedras.

A presente gravación foi cedida por Radiovoz Bergantiños para esta web. Nela podemos escoitar como o actual crego de Cesullas, Francisco García Lobelos, desde o palco dirixe a interpretación do Berro Seco. Manda ós romeiros que se collan das mans, se agachen e levanten lanzando un forte "ouuuu". Así, tres veces. A totalidade de romeiros participan a coro.

Galego