Aves

Un refuxio de importancia europea para as aves

Este espazo natural é lugar de acollida para numerosas aves. Algunhas residen aquí todo o ano. As viaxeiras paran camiño do norte en primavera e do sur no outono. Outras pasan todo o inverno fuxindo dos fríos nórdicos.

A ave máis importante na enseada da Insua é apíllara das dunas, pequena limícola ameazada de extinción en Galicia. Aniña nas dunas, por iso cómpre ter especial coidado no acceso ás mesmas. Distínguese polo seu constante bulir.
 

 

Os abundantes parrulos forman grupos apretados e fáciles de observar desde lonxe. Entre eles encóntranse o lavanco real, coa cabeza verde botella dos machos. Tamén a cerceta, máis pequena e coa cabeza verde e laranxa.


Outras aves que viven aquí son as gavitas, os mazaricos, as garzas reais, as garcetas e os corvos mariños; ademais de varias especies de gaivotas.

Galego