A Urixeira

Praia da Urixeira

Praia fluvial con acceso desde As Redondas (Neaño. Cesullas). Nela comeza a Senda Fluvial do Anllóns. Tamén nela está situado o Miradoiro de Aves José Luís Rabuñal Patiño. Os pescadores de robaliza emprégana como espazo para fondear as súas lanchas. Tamén é lugar de apaña de senrada. Conta con amplo aparcadoiro, servizo de fonte e ducha. A Senda Fluvial dotouna de bancos e papeleiras. En verán posúe servizo de socorrismo. Nesta praia, membros da Sociedade Galega de Historia Natural ralizan o censo de aves da enseada da Insua.

Galego