Instalacións

Casa da Cultura

A Carballa, s/n
Cesullas. Cabana de Bergantiños
Instalación municipal que funciona como centro de formación e na que se concentran distintas escolas municipais e outros servicios como:

· Escola Municipal de Música
· Escola de Teatro
· Aula do Plan FIP
· Aula de Informática
· Aula Taller de manualidades
· Escola de idiomas

 

Auditorio Municipal

A Carballa, s/n
Cesullas. Cabana de Bergantiños
Instalación con capacidade para 200 persoas na que se proxectan documentais, se representan obras de teatro, se imparten conferencias e cursos, se escoitan concertos, etc.

 

Biblioteca Municipal María Baña

Praza de Neaño, s/n
Cesullas. Cabana de Bergantiños
Servizo propio de biblioteca municipal con préstamo de libros.
Horario de mañá e tarde.
Tel. 981 754 020

 

Casa das Asociacións

Neaño, s/n
Cesullas. Cabana de Bergantiños
Instalación, no seu día edificio do antigo concello, que ofrece servizos de salón de actos e despachos a todas as asociacións da parroquia de Cesullas.

 

 

Locais Sociais Parroquiais

Instalacións para o uso dos veciños de cada parroquia de Cabana na que se realizan todo tipo de xuntanzas e actividades. Moitos deles contan ademais con pista polideportiva ou parque de xogos infantís.

· Local Social de Anos 
· Local Social de Borneiro 
· Local Social de Canduas
· Local Social de Cesullas 
· Local Social de Corcoesto
· Local Social de Cundíns
· Local Social de Nantón
· Local Social de Riobo

Galego