Saltar navegación
Concello de Cabana
Concello de Cabana. Secuencia de imaxes do Concello de Cabana
Dolmen de DombateA Cidá de BorneiroMiradoiro de Aves

SONORO
Atalora

Ruta folk: Terra galega

Portada do disco Ruta folk: Terra galega· "Pasodoble do Jai Jai"
· "Jota por Neaño arriba"
· "Dulce Lola"

(Disco Trompo, 1998)

O grupo folk bergantiñán Atalora foi un dos últimos en recollerlle cancións ó músico tradicional de Neaño Eduardo Vázquez Espasandín, máis coñecido como "O Jay Jay". No disco compartido Ruta folk: Terra galega inclúen tres pezas herdadas directamente do ?bombeiro? máis enxebre dos grupos de gaitas galegos. Precisamente a enxebreza destas cancións estaba na combinación de música e texto, melodía e letra, característica propia dos Gaiteiros de Neaño do que don Eduardo formou parte durante case un século de vida. Coa gravación deste pasodobre do Jay Jay e destas xota e rumba de Neaño ofrécese vivo o diálogo entre as distintas xeracións de músicos bergantiñáns.

As letras das pezas son as seguintes:

Pasodobre do Jai Jai

Ábrele la puerta Rosa a un clavel,
ábrele la puerta Rosa a un clavel
que te vengo a ver, que te vengo a ver,
que te vengo a ver, que te vengo a hablar.

Ines, Inés, Inesita, Inés,
Inés, Inés, una, dos y tres.
Inés, Inés, Inesita, Inés,
Inés, Inés, ¡ai! que guapa es.

Emborrachar, emborrachar, emborracheime,
emborracheime na beira do mar;
emborrachar, emborrachar, emborracheime
e non me souben desemborrachar.

Compreite solteira por trece reás,
compreite solteira por trece reás;
compreite solteira, casadiña estás.
¡valgame los cielos por tan mal feirar!

Baila o agarrado, baila miña irmán,
baila o agarrado, baila miña irmán,
baila o agarrado báilao con Xan,
has de ter coidado onde pon a man.

Jota por Neaño arriba

Miña monteira garrida,
miña monteira garrida
mil veces me tes cuberto
¡ai!, por Neaño arriba.

E ti porque me preguntas se son de Vigo,
se a noite pasada, nena, durmín contigo;
durmín contigo na cama, durmín contigo
e ti porque me preguntas se son de Vigo.
(Retrouso)

Os solteiros valen ouro,
os casados valen prata,
os viúdos caldeirilla,
os vellos folla de lata.

¡Ai! que pereira tan alta,
¡ai! que peras maduras ten;
eu de baixo non lle chego
e arriba non hai ninguén.

Teño a roca no carballo,
o fuso na carballeira,
o liño por sementare
¿cando has de vir costueira?

Dulce Lola

Me gustan todas, me gustan todas;
me gustan todas, me gustan todas en general;
me gustan todas, me gustan todas,
pero las rubias me gustan más.

¡Ai que placer
tenía yo
cuando en la playa
la dulce Lola me saludó!

Aí viene el barco de la amargura,
aí viene el barco de la nación,
aí viene el barco, aí viene el barco,
adiós, Dolores, que yo me voy.

Hace tres años, querida Lola,
que mi pistola no disparó,
pero la tengo preparadita
que con dos balas la cargo yo.


Volver

Ir ao principio da páxina
By Abertal
1