FERNANDO REY DALUZ

FERNANDO REY DALUZ
Fernando Rey Daluz e biólogo especializado en conservación de espazos naturais e medio ambiente e experto en imaxe científica e fotografía astronómica.

Especialízase en divulgación da ciencia, levando a cabo documentais para proxectos do CSIC, AEMET, OAPN, IEO... e a realización de imaxes técnicas para o Museo de Ciencias Naturais de Madrid, Xardín Botánico de Barcelona, así como para outras institucións e editoriais.

Creador de Solpor.eu, xunto a Wireless Galicia, monitorizando o percorrido e as postas de Sol desde o Cabo Fisterra. Colabora coa Fundación Starlight a través da creación de contidos e actividades como o maratón fotográfico Starlight para a concienciación da protección do ceo nocturno. No ano 2015 a NASA publicou unha das súas fotos como imaxe astronómica do dia, coa tripla conxunción de Xúpiter Venus e a Lúa sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Na actualidade dirixe Luzlux S.L na creación e produción de contidos gráficos e audiovisuais en diversos ámbitos científicos e publicitarios.

Sen definir