Excavacións

Excavacións

En Dombate realizáronse as segundas grandes escavacións do megalitismo na Costa da Morte. A primeiras foron efectuadas polo matrimonio alemán, George Leisner e Vera, no dolmen de Pedra Cuberta (Treos. Vimianzo).

Dombate escavouse durante os veráns de 1987, 1988 e 1989. Foron dirixidas polo arqueólogo José María Bello Diéguez, hoxe director do Museo Arqueolóxico da Coruña no que se depitaron os achados localizados tanto en Dombate como no castro A Cidá. 

A maior parte dos gastos de escavación foron cubertos pola Dirección Xeral do Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia.

 

Gravados

Xa se apreciaban antes da escavación de Dombate e están situados en altura por riba do chan da cámara sen escavar. Aparecen no interior da cámara en tres lousas verticais. 

No século XIX, o historiador Manuel Murguía xa citaba os gravados de Dombate. No século XX, foron descritos polos investigadores E. Shee e García Martínez como ?un corpo de trazos paralelos co seu eixo vertical estendido e provisto dunha base trapezoidal dando ó conxunto unha imaxe bicónica. Unha dobre liña semalla unha asa que corre da parte superior do corpo ata a unión desta e a base?. Noutra lousa hai varias liñas onduladas que aparentan ondulacións serpentiformes.

 

Idoliños

Durante as escavacións encontráronse 20 idoliños aliñados á entrada do corredor. Aparentan forma humana. Tiñan unha función de deuses protectores da tumba. Tamén se encontraron idoliños noutros dolmens galegos como o da Cova da Moura (Argalo. Noia), Axeitos (Oleiros. Ribeira) e A Mina da Parxubeira (Eirón. Mazaricos)

 

Pinturas

Aparecen nas bases das lousas da cámara e do corredor por debaixo do nivel da terra que ofrecía a cámara antes de escavar. Son liñas horizontais, zig-zags e puntiños negros e vermellos.

 

Enxoval lítico

Encontráronse trapecios de sílex, follas enteiras ou fragmentadas, conta de colar toneliformes, puntas de frecha de base triangular en sílex ou cuarzo, hachas e aixolas pulimentadas.

 

Cerámica

Encontráronse fragmentos de cerámica toneliforme

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).