Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)

Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)


Liña 5 PEL - Reactiva

PEL-REACTIVA: FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA

O Concello de Cabana de Bergantiños e a Deputación de A Coruña cofinanciarán unha liña de axudas para autónomos con ou sen traballadores ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

 

Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súamodificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

 

Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.

 

Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nostermos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 6 ata o 25 de novembro ás 14:00h

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN: vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Cabana de Bergantiños, utilizando o MODELO NORMALIZADO de solicitude dispoñible na sede.

 

GASTOS SUBVENCIONABLES: os gastos seguintes que foran realizados entre marzo de 2020 (incluido) ata o 31/12/2020.

 

- 601 Compra de material
 Material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza

 

- 621Arrendamentos e canons
 Arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións* Gasto directo
*O arrendamento do local de negocio ou instalacións, sempre e cando non sexa parte da vivenda da persoa solicitante ou espazo compartidocon outra empresa e non exista relación de parentesco ata 2.º grao de consanguinidade ou afinidade co/a arrendador/a do local, nin sexa socio/a ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendador/a. Así mesmo, exclúense os espazos de coworking.
*O renting de maquinaria, máquinas, vehículos, etc.

 

- 622 Reparación e conservación
 Adaptación de locais ás medidas de protección fronte á COVID-19 (biombos de protección, etc).  Gasto directo

 

- 625 Primas seguros
Seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes. Gasto directo

 

- 628 Subministracións
 Auga, gas, combustibles, electricidade. Gasto directo

 

O IVE non se considerará en ningún caso gasto subvencionable

 

Máis información:

 

Axencia de emprego e desenvolvemento local do Concello de Cabana de Bergantiños. 981 75 40 20


Sin definir