ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA PROFESIONAL E FORMACIÓN NON FORMAL

Sin definir

CONVOCATORIA XANEIRO 2016
(Consellería de Economía, Emprego e Industria)

Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determindas unidades de competencia do Catálogo nacional das cualificacións profesionais. (DOG 11 xaneiro 2016)

Obxecto: o obxecto da acreditación de competencias é avaliar e acreditar as competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación.

Cualificacións convocadas e prazos de inscrición:

1º PRAZO: do 12 de xaneiro ata o 10 de febrero de 2016 (ambos incluidos)para as seguintes cualificacións:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
- Servizos para o contros de pragas
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais
- Socorrismo en instalacións acuáticas
- Confección e matemento de artes e aparellos


2º PRAZO: do 12 de abril ata o 11 de maio de 2016 (ambos incluidos) para as cualificacións: 
- Aproveitamentos forestais
- Tanatopraxia

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA:
http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional

Ou contactar co Servizo de Orientación Laboral 
Concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños
Tel: 981 715 442
Tel: 981 754 020 (mércores Cabana)
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00