Servizo Galego de Colocación
O Concello de Cabana de Bergantiños é centro asociado ao Servizo Galego de Colocación, como ferramenta na axuda na loita contra o desemprego.
Obxectivos
· Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional
· Informar das ferramentas de búsqueda de emprego
· Actualizar e activa-lo currículum vitae de cada demandante
· Optimiza-la oferta formativa existente, informando sobre cursos de formación ocupacional e regrada.
· Compatibiliza-la demanda da persoa coa oferta existente
· Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer ás persoas usuarias o seu nivel de cualificación e potencial laboral.
· Motivar e reforzar a súa implicación no proceso.
O noso Punto de Información
Dispoñemos dun punto de información do Servizo Galego de Colocación onde poden renovar as súas demandas de emprego evitando os desprazamentos á oficina de emprego de Carballo.
Tamén poden consultar as ofertas do Servizo Galego de Colocación e acceder ás páxinas web dos diferentesServizos Públicos de Emprego Nacionais e Autonómicos.
- O primeiro paso é acudir á súa Oficina de Emprego para rexistrar a súa impresión dixital.
- Unha vez feito o rexistro poden utilizar este novo servizo instalado na primeira planta do Concello.
* Para máis información poden acudir ás oficinas do Departamento de Emprego e Formación e do Servizo Galego de Colocación.