Obradoiro de emprego “Escola de Vela da Costa da Morte- Fase II"

Obradoiro de Emprego. Primeira fase da restauración do Albergue Xuvenil.


O Obradoiro de Emprego “Escola de Vela da Costa da Morte – Fase II” do Concello de Cabana conseguiu rematar a tempo a primeira fase da restauración do Albergue Xuvenil que o Concello está a construír nos módulos das antigas vivendas dos mestres do colexio As Revoltas.

Gracias á boa coordinación entre os distintos oficios lograda pola directora Estrella del Mar Señarís Castro e as ensinanzas dos mestres de albanelería Jesús Castiñeira Andrea e de carpintería Suso Puente García foi posible que o novo albergue estivese listo para recibir ó seu primeiro grupo de inquilinos, que son os 20 participantes e 5 monitores do campo de traballo “Rego dos Muíños” que puideron desta maneira ser aloxados nun moderno albergue con todas as comodidades en lugar do pavillón polideportivo municipal que estaba previsto nun primeiro momento.

As instalacións constan con dous andares, dos cales o primeiro se atopa perfectamente acondicionado para persoas minusválidas. Dispón ademais de sete duchas individuais, un baño adaptado e quince liteiras dobres. Estas instalacións serán completadas co remate das obras da segunda e terceira fase deste albergue, nas que se ampliará o numero de prazas de aloxamento e se acondicionará a cociña, un gran comedor e varias salas para reunións e actividades formativas.

A segunda das obras nas que se atopan traballando os membros do Obradoiro de Emprego é a Escola de Vela da Costa da Morte, que se asenta no antigo aserradoiro de Tedín e que tamén levan moi bo ritmo.

O equipo formativo que está composto ademais por Paloma María Pose García que lles imparte clases de formación empresarial e Pilar Castro Caamaño titora e formadora en competencias clave e Graduado en ESO, conseguiron que o sesenta por cento destes alumnos lograsen obter o titulo de Enseñanza Secundaria Obrigatoria e que os demais aprobasen varios módulos e teñan outra oportunidade de conseguilo en Setembro.

Igualmente, todos os participantes que non posúan unha formación mínima, deberán asistir ao módulo de competencias clave, obrigatorio para poder acadar o correspondente certificado de profesionalidade.

Ademais todos obtiveron o Titulo de “Técnico en Prevención de Riscos Laborais” de 60 horas de duración.

O venres foron visitados polo alcalde D. José Muíño que comprobou persoalmente o estado das instalacións do Albergue, e declarou estar moi sorprendido co excelente acabado dos traballos e a rapidez na que foi entregada a obra. 

O luns día 18-07-11 tivo lugar a presentación do novo director deste Obradoiro, que ven a substituír a Estrella del Mar, que se atopa de baixa por maternidade.Dende agora será o arquitecto técnico Javier Bello Vilariño o encargado de facer que os traballos sigan desenrolándose sen atrancos.
 


 

Obradoiro de Emprego. Recoñecemento Médico.


Os alumnos-traballadores do OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE-FASE II” o día 27 de maio sométense ó recoñecemento médico realizado pola empresa INTECTOMA, S.L., encargada da Mutua do Concello de Cabana de Bergantiños. As probas consisten na análises de sangue e ouriña, peso e altura, electrocardiograma, espirometría e control da vista e oído. 

 

 

 

 

 


 


 

Prácticas no Obradoiro de Emprego.


Os alumnos do grupo de albanelería do Obradoiro de Emprego “Escola de Vela da Costa da Morte-Fase II” fan as prácticas de colocación de alicatados. Nesta imaxe vemos os últimos detalles do lechado das xuntas e limpeza das pezas dos vestiarios da Escola de Vela. 
Dito aprendizaxe entra dentro dos módulos formativos teórico-prácticos que se están impartindo no Obradoiro de Emprego.

 

 

 

 


 

 


 

Obradoiro de emprego. Curso de informática.


O Obradoiro de Emprego “Escola de Vela da Costa da Morte – Fase II” continúa coa súa actividade formativa. 

Neste caso mostramos as clases de informática impartidas pola mestre de Educación Empresarial, Paloma Pose, onde os alumnos aprenden as nocións básicas da informática, xa que algúns deles é o primeiro contacto con este medio tecnolóxico.
 

 

 

 

 

 


 

OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA-FASE II”

Dende o 21 de decembro do 2010 e ata o 20 de decembro deste ano 2011, estase a desenvolver o Obradoiro de Emprego “ESCOLA DE VELA da COSTA da MORTE- FASE II”, no Concello de Cabana de Bergantiños.

Un Obradoiro de Emprego configúrase como un programa mixto que combina accións de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, coa finalidade de facilitar a súa posterior integración no mercado de traballo.

En dito proxecto, levarase a cabo a II Fase de rehabilitación do antigo “Aserradoiro de Tedín” para convertelo en Escola de Vela da Costa da Morte, que tamén contará con establecemento adicado a hostalería. Paralelamente, executarase a primeira fase da reforma de tres edificios de planta baixa e alta, con dúas vivendas cada un, para transformar en Albergue Xuvenil as antigas “Casas dos mestres” en As Revoltas.

En este Obradoiro de Emprego, participa un equipo directivo formado por: director, mestre de albanelería, mestre de carpintería, titor, mestre de formación empresarial (50% da xornada total) e auxiliar administrativo.
Respecto ós alumnos traballadores, formaranse 30 persoas repartidos en dúas especialidades: 18 para albanelería e 12 para carpintería. O tempo de duración dividirase en dúas fases de 6 meses cada unha delas. Os criterios de selección para estas actividades son: Demandantes de emprego en paro e inscritos na oficina de emprego de máis de 25 anos de idade, sempre que poidan subscribir contrato de formación durante toda a duración do obradoiro, no ámbito do Concello de Cabana de Bergantiños (no caso de non atoparse candidatos suficientes, a sondaxe ampliarase ao resto de concellos limítrofes).

Os traballadores son contratados, baixo a modalidade de contrato para a formación e perciben as retribucións que lles corresponde de conformidade coa normativa vixente.

Estes participantes, ademais de recibir formación teórica e práctica da súa correspondente especialidade, prepararanse para obter o título de Graduado en E.S.A. aqueles que non dispoñan del.

Así mesmo, fórmaselles en Prevención de Riscos Laborais, Informática, Sensibilización Medioambiental, Igualdade de Xénero, Relacións Laborais e outros temas varios.

Tamén acoden a charlas e cursos relacionadas coa súa formación: Curso de Lacados, Curso de Termoarcilla, Charla “Lei de Dependencia”, visitas a centros de interese: Industrias Losán, de madeira e derivados, en Curtis, Cerámicas Campo, Forxados Santa Comba e outras iniciativas que terán lugar ao longo do Obradoiro.

Gallego