Funcións

Área de Desenvolvemento Local e Emprego

1. Prospección de recursos de ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores.

2. Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividades entre os desempregados, promotores e emprendedores, así como institucións colaboradoras, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidades de emprego.

3. Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financiera, e en xeral sobre os plans de lanzamento das empresas.

4. Apoio os promotores das empresas, unha vez constituidas éstas, acompañándoos técnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos adecuados para contribuir á boa marcha das empresas creadas.

5. Calquera outra que axude á implantación das políticas activas de emprego na súa zona de influencia.

Gallego