Sendeiros por Cabana

Desde o Departamento de Cultura de Cabana de Bergantiños estanse elaborando unha serie de rutas de sendeirismo para dar a coñecer "paso a paso" a riqueza cultural e patrimonial do concello. 

O seu deseño e redacción corresponde ó técnico de turismo, o historiador Ángel Eiroa Pose

Son percorridos circulares que comezan e rematan nun mesmo punto e que contan con paneis con mapas, marcas de itinerario correcto e díptico informativo. Estes itinerarios complementan e amplían as Rutas turísticas e a Senda do Anllóns que se describen noutros apartados desta web.

Gallego