Mensaje de error

  • User warning: The following module is missing from the file system: form_builder. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1156 of /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • User warning: The following module is missing from the file system: form_builder_webform. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1156 of /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).

Senda dos Anllóns

A senda do Anllóns encóntrase nun dos espazos naturais máis importantes de Galicia: na enseada da Insua. Transitándoa, percórrense tres quilómetros de marxe fluvial polos últimos treitos da ribeira cabanesa do Anllóns, río que vertebra xeograficamente a comarca de Bergantiños.

A senda, que se inicia na praia do Curro e remata no Lodeiro, conduce ós seus usuarios a todo un mundo de sensacións naturais e paisaxísticas descoñecidas para moitos dos veciños e visitantes da Costa da Morte.

Nun paseo por ela, sempre mantendo o máximo respecto polo entorno, poderanse observar aves autóctonas ou migratorias, flora endémica, embarcacións, vellos oficios, tradicións artesanais como a carpintería de ribeira ou, entre outros, percibir a presenza deste espazo en diversos textos da historia da literatura galega.

Gallego