- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
NANTÓN
Gallego
MÁMOAS
No lugar da Piolla consérvanse un total de 14 mámoas, de diferentes diámetros e alturas. A maioría contan cun bo estado de conservación.
PETRÓGLIFOS DA PIOLLA
Xunto cos de Corme e O Roncudo, o da Piolla conforma as escasas mostras deste tipo de manifestacións da Idade de Bronce na comarca de Bergantiños. A iso hai que sumar as elevadas doses de fortuna xa que este petróglifo se atopa a carón dunha antiga canteira de extracción de pedras para a construción das casas, polo que a súa conservación é case un milagre.
O petróglifo é de cazoletas ou covas, case en círculo, arredor da que se dispoñen outras máis pequenas. Contra un lateral da laxe aparece unha pequena ringleira de pequenas covas pero dispostas en liña.
CASTRO DE ANIDO
Castro bastante degradado debido ás tarefas mecánico agrícolas. Aínda que deteriorados, consérvanse restos defensivos nos lados Noroeste, Leste e Suroeste. Na croa do castro de 90 metros de longo e 70 de ancho, os niveis habitacionais posiblemente non estean afectados polas labores agrícolas. O conxunto está rodeado por un parapeto duns 4 metros de altura.
PAZO DE CASANOVA
Hoxe en día convertido en casa labrega, é un edificio de tres corpos con patín e corredor aberto, con dous escudos no portalón de entrada coas armas dos Pardiñas,
Villardefrancos, Riobóo, Moscoso e Caamaño.
A casa foi fundada polo capitán Francisco Rodríguez de Gondomil, e é o único exemplo no concello que conta cunha plante en forma de “U”, albergando un patio que queda entre os brazos da planta e unha boa escaleira de pedra que desemboca nun patín cuberto con peitoril macizo de cantería. Este elemento arquitectónico constitúe un contrapunto ao aspecto robusto do edificio, servindo de acceso á planta nobre e deixando o baixo para as distintas labores propias do agro.
Cabe destacar a importancia das lareiras nos pazos galegos, tendo este pazo dúas ademais dun forno.
SAN PEDRO
O entorno da igrexa está cuberto de carballos centenarios. O portal que nos leva á reitoral cóbrese cunha inscrición na que se pode ler a data, 1815. Para Lema Suárez, a capela maior, coa súa bóveda de crucería nervada dataría de finais do século XVI. A nave posiblemente fose levantada en época barroca século XVIII mentres que os retablos son neoclásicos e barroco-rococó.
No interior a bóveda sería de canón e os confesionarios atópanse introducidos nos propios paramentos. No muro sur da igrexa albíscase o espazo dunha porta fechada con pedra.
A fachada, pentagonal, sostén unha torre campanario cunha soa campá construída a finais do século XIX. No cemiterio destacan os panteóns de pedra.
O cruceiro do Igrexario está construído en granito e conta cunha plataforma cuadrangular dun só grao. O varal será octogonal aínda que comeza en cadrado e adornos nos chafráns. A cruz é rectangular con chafráns nos brazos presentando no anverso un Cristo crucificado con tres cravos, mans abertas e cabeza ladeada á dereita. Coróase cunha coroa de espiñas e un pano de pureza atado á dereita. Non se presenta/conserva imaxe no reverso.
HÓRREO DA PALLEIRA
Hórreo de pedra de ancho normal sobre pés con repisa. Presenta 20 pés troncocónicos con capas con coroa. Non conta con motivos ornamentais nas sobrepenas.
É o cabazo máis grande de Bergantiños aínda que en realidade son dous cabazos unidos.
MÚSICA
Himno de Cabana de Bergantiños
Ben te podes alabare,
Cabana de Bergantiños:
por un lado, te-lo Anllóns;
polo outro, te-lo mare.
Deixei as verrugas no San Fins do Castro,
apañei os ramos na de Remuíño,
cureime da gorxa no San Brais de Canduas
e comín as roscas no Carme do Briño.
Hainos a feixes na ría:
mexillóns e berberechos.
As rapazas de Cabana
apáñanos á tardiña.
(Retrouso)
En Anos teñen O Espiño,
Santa Lucía en Nantón,
en Cundíns, teñen San Paio,
en Candoas, San Martiño.
(Retrouso)
Non os hai como en Borneiro,
monumentos tan antergos:
o Dolmen maila Cidá,
famosos no mundo enteiro.
(Retrouso)
Ten Riobó e A Penela,
Silvarredonda e O Esto.
En Cabana hai de todo,
non vin terra como ela.
(Retrouso)
BIBLIOGRAFÍA
Kirk Martínez, O. e Díaz Carro, P (2012), Cancioneiro de Cabana de Bergantiños, Cabana de Bergantiños.
Garea, F., Giadás, L. e Navarro, E. (1995), Cabana: Análise histórica e social, Cabana de Bergantiños; Deputación da Coruña.
Lema Suárez, X. M., (1999), Arquitectura megalítica na Costa da Morte (antas e mámoas), Asociación Neira.
Soraluce Blond, J. R. e Fernández Fernández, X. (1995), Arquitecturas da provincia da Coruña: Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso, Deputación da Coruña.