San Pedro de Nantón

Cruceiro do Igrexario

Está construído en granito. A plataforma é cadrangular de un grao. O pedestal é cadrangular. O varal é octogonal, comeza en cadrado e ten adornos nos chafráns. O capitel cadrangular moldurado. A cruz é rectangular e de brazos con chafráns. No anverso, aparece Cristo crucificado con tres cravos, de mans abertas, ladea a cabeza cara á dereita, coróase con espiñas e o pano da pureza átase á dereita. No reverso non hai imaxe.

 

Cruceiro do Castro

Está construído en granito. A plataforma é cadrangular e elaborada de cachotería. O pedestal é cadrangular. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. O capitel é cadrangular moldurado. A cruz é octogonal con remates florenzados.

 

Cruceiro de Cazón

Está construído en granito. Carece de plataforma dado que se asenta no muro dunha vivenda. O pedestal é circular. O varal é octogonal. O capitel é cadrangular moldurado. A cruz é octogonal.

 

Cruceiro dos Martices

Combina granito e formigón. Carece de plataforma. O pedestal é circular. O varal é cadrado con chafráns. O capitel é cadrangular. A cruz de formigón é romboidea con remates de forma resarcelada, remates con bólas e círculo no centro.

 

Cruceiro de Peralta

Construído en granito. Asénsate nunha pequena área de céspede á beira da estrada local a Peralta. Carece de plataforma. O pedestal é circular. O varal é octogonal. A parte máis salientable deste cruceiro é os eu capitel. Ten forma troncopiramidal octogonal invertido, remata en cadrado, volutas e nel escúlpense os símboos J + S, mitra, chave e cruz patriarcal en X. A cruz é cadrangular de brazos con chafráns.

 

Cruceiro da Piolla

Está construído en granito. Carece de plataforma. O pedestal é circular. O varal é octogonal e comeza cadrado. O capitel é cadrangular, moldurado e con caras. A cruz é octogonal. No anverso, contén a Cristo crucificado con tres cravos, de mans abertas, cabeza ladeada á dereita, coroa de espiñas, pano de pureza atado á dereita e cartela de INRI. O reverso carece de imaxes.

Gallego