Programa de Educación Familiar

obxectivo do programa é a intervención social individualizada de carácter integral en núcleos familiares que se atopan en situación de dificultade social ou risco. Esta intervención recolle tanto actuacións socioeducativas e asistencias, como de inserción sociolaboral.

É un programa gratuíto dirixido a familias ou persoas residentes no Concello de Cabana de Bergantiños.

Áreas de intervención

Os proxectos de intervención recollen actuacións nas áreas de educación para a sáude, formación para o emprego, seguimento escolar e prevención do absentismo, vivenda? acordes coa diagnose realizada de cada núcleo familiar.

Funcións da educadora familiar:

- Intervención personalizada con familias con diferentes necesidades, especialmente con aquelas que se atopen nunha situación social máis complexa.

- Colaboración con outros programas comunitarios que primen a inserción social dos membros da familia en contextos de aprendizaxe.

- Detección temperá de necesidades educativas nas familia, atendendo á especial relación de coordinación coas escolas infantís e os centros educativos do municipio.

- Incorporación da perspectiva de xénero no traballo realizado coas familias.

- Coordinación con outros axentes que se relacionen coas familias desde outros ámbitos.

- Promoción do acceso das familias ás redes e recursos comunitarios.

 

Gallego