RECOLLIDA SEPARADA DE BIORRESIDUOS (Primeira Fase)

 

O Concello de Cabana avanza no cumprimento da normativa de residuos e pon en marcha a primeira fase do seu proxecto de recollida separada de biorresiduos.

 

Onde se colocarán os contedores nesta primeira fase da recollida?

Nesta primeira fase, os contedores, que serán de 240 litros e deberán abrirse cunha chave, colocaranse ao longo da AC-429 Ponteceso-Laxe (ao seu paso polas parroquias de Cánduas e Cesullas) e da AC-552 A Coruña-Cee (ao seu paso polas parroquias de Riobó, Nantón e Anós).

 

Quen pode participar?

Nas dúas áreas de implantación da nova recollida, a participación é totalmente de balde e está aberta á cidadanía en xeral e aos establecementos que xeran gran cantidade de residuos de tipo orgánico, tales como establecementos hostaleiros, froitarías, supermercados ou peixarías, entre outros.

As persoas e establecementos inscritos serán posteriormente contactados para indicarlles como deben proceder para recoller a súa correspondente chave para apertura do contedor.

 

Cales son as vías de inscrición?

Existen dúas posibles vías de inscrición:

No momento da inscrición deberán indicarse:

  • Nome e apelidos ou nome do establecemento.
  • Enderezo.
  • Teléfono de contacto.
  • Número de persoas que comen habitualmente na vivenda ou establecemento (este dato non será preciso no caso de establecementos de alimentación).

 

Que residuos se admiten no contedor?

Os residuos que se admiten e que, en todo caso, deberán depositarse en bolsa compostable, son:

  • Restos de alimentos, tanto crus como cociñados, incluíndo tamén restos de carne, peixe e marisco.
  • Cascas de ovos e froitos secos.
  • Sementes e cereais.
  • Restos de pan, bolos e galletas.
  • Papel de cociña usado e panos de papel (sen restos de aceite).
  • Pousos de café e bolsiñas de infusións.
  • Mondadentes e tapóns de cortiza natural.
  • Restos de plantas, flores, follas secas, herba e pequenos restos de poda e da horta.

 

Proxecto desenvolto polo Concello de Cabana de Bergantiños co apoio económico do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

 

Descargas:

Sen definir
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).